Convites para a sesión do próximo Bbencontro do sábado 19 en Ágora e Fórum


O próximo sábado 19 de outubro dará comezo o programa de BEBETECA para esta tempada 2013-2014. Hoxe repartimos os convites para os Bbencontros de Ágora e Forum (elixede no formulario a cal queredes asistir).

Como vos contamos nun post anterior, ás 11.30 horas da mañá, na Biblioteca Ágora, o grupo de teatro Katarsis representará para os máis pequenos das vosas casas a obra de teatro PaCama. Nesta ocasión, por tratarse dun especial de inauguración dos bebencontros neste biblioteca, hoxe repartiremos 20 entradas para bebés de entre 0 e 24 meses. As 30 entradas restantes xa as repartimos o venres pasado.

O mesmo día ás 18.30 horas arrancará o bebencontro da Biblioteca Fórum destinado a bebés de 0 a 12 meses. Por razóns de espazo, só se admitirán 6 inscricións.

Preparando o material para os Bbencontros

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre estoutro formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

POST EDITADO:

O FORMULARIO XA ESTÁ PECHADO. MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S. En breves momentos recibirides un email confirmando se tedes a vosa praza.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

Advertisements

Posted on Outubro 14, 2013, in Bebencontros Ágora, Bebencontros Forum and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Boas. Cubrin o formulario o venres pasado ás dez e tres minutos par os meus dous fillos pero non recibin ningún tipo de comunicación. Entendo que non conseguín entradas? Se é así, non entendo como puido ser porque en dous minutos non dá tempo a que se esgotasen, ou iso me parece. Moitas grazas

    • Bibliotecas Municipais da Coruña

      Ola Sonia, ao largo da mañá de hoxe TODOS os que cubristes o formulario (tanto o luns coma o venres) recibiredes notificación de se tedes praza ou non.
      Os inscritos o venres que quedaron sin praza xa foron avisados antes das 10.00 horas de hoxe para que puideran volver intentalo no formulario de hoxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: