Reparto de convites sesión especial inauguración Bbencontros Ágora


O próximo sábado 19 de outubro dará comezo o programa de BEBETECA para esta tempada 2013-2014, como vos contamos nun post anteriorÁs 11.30 horas da mañá, na Biblioteca Ágora, o grupo de teatro Katarsis representará para os máis pequenos das vosas casas a obra de teatro PaCama. Nesta ocasión, por tratarse dun especial de inauguración dos bebencontros nesta biblioteca,  repartiremos hoxe 30 entradas para bebés de entre 0 e 24 meses. As 20 entradas restantes estarán dispoñibles o vindeiro luns.

Bebeteca Ágora

POST EDITADO:

O FORMULARIO XA ESTÁ PECHADO. MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S. En breves momentos recibirides un email confirmando se tedes a vosa praza.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

 

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre estoutro formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

Lembra que se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti. E por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

Advertisements

3 thoughts on “Reparto de convites sesión especial inauguración Bbencontros Ágora

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: