Bbencontros 2013-2014


Un outono máis as nosas Biblioteca Municipais  poñemos en marcha o noso programa  adicado os nosos pequenos lectores, os Bbecontros, xa temos a programación para este ano.

Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos débeselles estimular a usar a biblioteca dende unha idade temperá xa que así será máis probable que sigan sendo lectores no futuro.

Logotipo Bbencontros

Bbencontros

Os bbencontros son sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas os protagonistas son os pequenos e os pais e nais. Xuntos aprendemos como desfrutar dos contiños, das historias, das cancións… en estas primeiras idades.

Onde hai Bbencontros

Na actualidade catro das nosas oito bibliotecas realizan Bbencontros:

  • Bbencontros Ágora: Un sábado ao mes e organízanse en diferentes sesións de acordo á idade dos bebés, de 0 a 12 meses polas mañás e de 13 a 24 meses polas tardes.
  • Bbencontros Fórum Metropolitano: Os sábados cada 15 días organízanse en diferentes sesións de acordo á idade dos bebés, de 0 a 12 meses e de 13 a 24 meses.
  • Bbencontros Infantil e Xuvenil: Un xoves ao mes e organízanse en diferentes sesións de acordo á idade dos bebés, de 0 a 12 meses e de 13 a 24 meses.

CALENDARIO bebeteca 2013-2014

Consultar Calendario 

Preinscrición: prazas limitadas

Para participar nas sesións de Bbencontros deberás formalizar a  pre-inscrición, reservando a tua invitación.

Este ano poñemos en marcha un novo sistema de preinscrición  pensando en facilitar na medida do posible o acceso ás invitacións a todas aquelas familias interesadas. Non será necesario desprazarse persoalmente ata as nosas bibliotecas. Se tes un ordeador, teléfono móvil ou calquer outro dispositivo con conexión a internet poderás facer o trámite.

Os luns anteriores  a celebrarse a sesión que quieras acudir, habilitaranse neste blog os formularios de inscripción, a partir das 10.00 relojhoras. Deberás cubrir uns datos persoais requeridos e enviar a túa solicitude. As prazas son limitadas, e a adxudicación de invitacións será por rigurosa orde de inscrición.  As persoas que formalizasen a preinscrición  terán a confirmación de adxudicación de invitación por parte da biblioteca  pasados uns días. Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

No caso da Biblioteca do Forum Metropolitano, cómo a sala infantil non abre ata as 11.00, haberá ordeadores destinados especialmente para facer as inscripcións na sala de adultos, ademáis dos 12 dispoñibles da Aula de Informática.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: