Obradoiro de lectura expresiva para nais e pais


Na Biblioteca Municipal Ágora imos facer un OBRADOIRO DE LECTURA EXPRESIVA dirixido a nais e pais con nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.

Obradoiro lectura expresiva.jpg

Neste obradoiro queremos trasladar ás familias a esencia do programa Merendas con contos, poñendo en valor a aprendizaxe da lectura expresiva en tódalas súas formas. Aprenderemos a contar un conto e adquiriremos recursos expresivos que nais e pais poderán aplicar no seu día a día.

A sesión terá lugar o luns 14 de outubro, ás 18.30 horas, na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora. A retirada de entradas para o obradoiro é de forma presencial na biblioteca, contamos cun total de 50 invitacións que se repartirán ata completar aforo.

Para facilitar a asistencia a nais e pais, desenvolverase unha actividade paralela de animación cultural para todas aquelas familias que precisen vir con seus fillos/as.

Así que,

mamás e papás se vos apetece aprender a contar un conto … ¡animámosvos a participar no obradoiro!

Advertisements

About nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

Posted on Outubro 2, 2013, in Actividades, Novas and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: