Xa somos 4 bebetecas!


Xa vedes que nas Bibliotecas Municipais empezamos a quencer motores para darlle forma a toda a actividade relacionada coas Bebetecas que temos preparada para este curso. O luns publicamos info dos Nanocontos na Biblioteca Fórum e o xoves de Todo un mundo de emocións na Infantil e Xuvenil.

Hoxe queremos adiantarvos que na Biblioteca de Ágora e na Infantil e Xuvenil temos todo preparado para o noso pistoletazo de saída bebetecario. As nosas actividades completarán a oferta anual que anteriormente facían as bibliotecas do Fórum e Rosales en solitario. Publicaremos todas as sesións na pestana que vedes na cabeceira do blog chamada calendario de sesións.

Por isto de irvos preparando, o día 19 de outubro imos inaugurar a Bebeteca de Ágora co grupo Katarsis, que estará na biblioteca representando o seu espectáculo “Pa Cama”.

Inauguración BbEncontros

Se queredes asistir estade atentxs a este blog porque a preinscrición será o venres 11 de outubro e poderedes facelo a través dun formulario neste mesmo blog. Non o perdades!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: