Limitar e triunfar


Que os máis pequenos da casa necesitan uns límites claros é algo que todos temos presente, mais á hora de aplicar o conto moitos facemos augas e acabamos caendo nun abismo que, á larga, nos complica o labor de educar os menores.

Eu non son ningún experto nin teño fillos, mais doume licencias e practico determinados trucos cos meus tres sobriños que, estou seguro, acabaranme convertindo nun pai modélico 😛

sobriños

Nas Municipais somos coñecedores desta latente preocupación nos nosos usuarios e usuarias e poñemos á vosa disposición os materiais da sección que denominamos SOS Somos Pais, que reúne materiais coma estes:

Niños desobedientes, padres desesperados : el método para que tu hijo te haga caso a la primera. Aguilar, 2012

Niños desobedientes, padres desesperados : el método para que tu hijo te haga caso a la primera.
Aguilar, 2012

descarga (1)

Mi hijo no come : el método para enseñar a comer.
Aguilar, 2011

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Poño estes dous exemplos porque o próximo venres 13 e sábado 14 de setembro, no Centro comercial Espacio Coruña, van ter lugar dúas charlas da televisiva psicóloga infantil Rocío Ramos-Paúl, alias Supernanny:

  • o venres a charla titúlase coma o seu último libro Niños desobedientes, padres desesperados, na que nos explicará como aplicar normas e establecer rutinas
  • o sábado falaranos de Cómo prepararnos para la vuelta al cole e abordaranse rutinas específicas da época escolar que axudarán a optimizar o rendemento académico dos chavales.

As dúas charlas terán lugar a partir das 19 horas, con acceso gratuíto e prazas limitadas ata completar o aforo.

Podes consultar o noso catálogo e ler algún dos seus libros para levar a lección aprendida 😀

catálogo

Advertisements

Posted on Setembro 6, 2013, in A bebeteca recomenda, Novas, SOS Pais and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: