A creatividade ao seu alcance


Que vos parece se aproveitamos o verán para facer cos nenos o que durante o resto do ano non podemos?

As vacacións sempre son unha boa época para facer todo aquelo que a axenda deixa na recámara, que se o traballo, que se a casa, o cole… Todo parece ir collendo eses minutos que tan preciados son para adicarlle ós nosos pícaros, por iso que mellor que os días libres, con todas esas horas ao noso alcance, para prestarlle máis atención ós xogos e demáis actividades cos pequenos!

creatividad

A creatividade é un don cada vez máis valorado e xa cultivado en moitas escolas e empresas, así que aquí propoñemos adicarlle ese tempo de ocio extra co que contamos nestas datas ós nosos pequechos para potenciar todas esas habilidades que, nalgúns casos xa son recoñecidas e noutros aínda ocultas pero que, de  seguro, todos teñen en maior ou menor medida.

A creatividade axudaralles a ir conformando un pensamento orixinal, baseado na imaxinación (algo moi propio nestas idades), asociar conceptos e ideas e crear outras novas; apoia e estimula os procesos mentais, a sensibilidade e a conciencia e mesmo a intuición.

E aínda que parece algo difícil, nada máis sinxelo que, por exemplo, os xogos ou a música (algo do que xa temos falado neste Blog) para incentivar esta faceta. Pero se aínda queredes afondar máis neste tema e descubrir novos xogos e actividades, aquí vos deixamos unha selección de libros que poderedes atopar, coma sempre, nas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Libros sobre creatividad

Desfrutade, creade e sentide!

catálogo

Advertisements

Posted on Agosto 14, 2013, in A bebeteca recomenda, SOS Pais and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: