Cadernos de vai e vén…ou de cómo os Bblotes aterraron en Ágora


Mira que mira mirando, atopei unhas mochilas moi estranas, unhas eran verdes, outras azuis, vermellas e laranxas, eran semellantes a un…

Este luns quince de xullo comezamos na Biblioteca Ágora co préstamo dos Bblotes, que por se cómpre lembralo, trátase do préstamo temporal dunha mochila de materiais de lectura de diferentes temáticas, soportes e xéneros para desfrutar e fomentar a lectura dende os fogares.

BbLotes 1

Grazas á labor que teñen desenvolto dende a Bebeteca dos Rosais, pioneira en todo o sistema das Bibliotecas Municipais no préstamo de bebelotes, hoxe podemos poñer en marcha na nosa Bebeteca, un servizo demandado por boa parte dos nosos usuarios con bebés ate os tres anos.
Son máis de cen familias as que se poderán beneficiar de levar para a casa unhas mochilas ateigadas da maxia de bechos estranos, afectos que riman, arrolos con lingua, melodías con rabos longos, descubrimentos con pés, e por suposto, un caderno viaxeiro no que poder contar esas primeiras impresións.
Para Leónidas, Antía, Telmo, Celia, Uxue, Tiago, Sabela e tantos outros bebés socios da nosa biblioteca, estarán listas as mochilas agardando a ser descubertas coma se dun xogo se tratara. Para as mamás e papás, por suposto, tamén se contemplarán lecturas que apoien os contidos.

This slideshow requires JavaScript.

É por iso que a fórmula está en marcha, cos lotes da vosa man só resta contar o conto con rima e ritmo, porque pasando as páxinas é como mellor compartimos lecturas e sentidos.

Cadernos de vai e vén para unhas mochilas cargadas de coBbLotes (3)ntos sen fin…BbLotes (3)

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Xullo 15, 2013, in Bebelotes and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Buenos días,
    Me gustaría saber el procedimiento para solicitar la mochila.
    Muchas gracias,
    Laura

    • Bos días Laura,
      Levar en préstamo os bebelotes é moi sinxelo, primeiro debes facer socio ao teu bebé. Este procedemento é totalmente gratuíto.
      Se xa o sodes, tan só terás que solicitar no mostrador da biblioteca poder levar en préstamo unha destas mochilas para a vosa casa, atendendo á idade do bebé están divididas en catro tramos: de 0 a 6 meses, de 6 a 12 meses, de 1 a dous anos e de dous a tres.
      Ademáis hai diferentes contidos temáticos para que poidades escoller.
      Por último lembrarvos, que o préstamo estará operativo quince días coa posibilidade de renovar outros quince días máis.
      Esperamos ter resolto as túas dúbidas e que desfrutes dos bebelotes canto antes.
      Recibe un cordial saúdo

  2. Muchas gracias 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: