Inscrición Bbencontros Biblioteca Os Rosales


O próximo 1 de Xuño ás 11h da mañá desfrutaremos dun novo Bbencontro.

Como xa sabedes, na biblioteca Os Rosales, Beba é a encargada de axudarnos a achegar ás familias e aos seus pequenos a música en vivo e en directo, a maxia do teatro e a información sobre diversos temas con expertos en diferentes disciplinas.

Neste último encontro contaremos cunha convidada moi especial: a compañía de teatro visual Elefante Elegante galardoada recentemente co premio María Casares ao mellor espectáculo teatral en Galicia no 2012.

O sábado traeranos a obra titulada “O Aviador”.

Elefante Elegante:"O Aviador"
Elefante Elegante: “O Aviador”

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

  • Achegándovos á biblioteca  a partir do sábado día 25 de Maio dentro do seguinte horario: polas mañás de 11 a 14h e pola tarde de 16:30 a 20:30h
  •  Por teléfono, no número 981.184389. Se vos decidides por esta opción, por favor, que sexa porque vivides fóra de A Coruña ou como última opción. No caso último de que teñades que facer uso da  inscrición por teléfono, será a partir das 11 da mañá (hora de apertura da biblioteca)

 Ter en conta que:

  • Priorizan as inscricións presenciais
  • Cada familia poderá anotar como máximo a outra familia sempre e cando coñeza tódolos datos que pedimos na folla de inscrición
  • Prazas limitadas

Calquera dúbida estamos á vosa disposición.

E por último, deixámosvos cunhas palabras de Beba para gozar do teatro:

  • Papás, mamás os pequenos tamén poden desfrutar da maxia do teatro.
  • Cando os levamos a unha  obra de teatro… gozan do espectáculo e interactúan con cada proposta, gozan do encontro con outros bebés e os adultos desfrutamos vendoo. Créase unha maxia especial.
  • O bebé é un ser comunicativo dende que nace e a familia sabédelo perfectamente. Os nenos saben expresar con forza o que lles gusta ou o que lles desgusta.
  •  Permanecede ao lado do voso bebé, estar pendente del, mirarvos, el escoitará, vibrará, se non lle gusta berrará, chorará ou sinalará a porta de saída indicando  que se quere marchar.
  •  O importante é que os nenos estean acompañado dos seus maiores.

DESFRUTADE!! Pais, nais, avós nenos e nenas… todos!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: