Contos, música e… acción!!


Somos Vermellos

O sábado pasado na sesión de Bebeteca de 1-2 anos fomos VERMELLOS, a cor da pasión inundou o noso modesto “rincón” e Aurora, Carolina, Naiara, Xoán, Xoel, Yago e os seus papis sorprendéronse do xogo que dá esta cor a través do conto de Iela Mari: Un globo vermello. As historias contadas a través de imaxes pódense descubrir de mil xeitos, contarse mil e unha veces. Querémosvos recomendar un conto para que “practiquedes” na casa, no parque, na escola, … as posibilidades que ofrecen estes tipo de libros:

¡Me voy de viaje! de Alan Mets Me voy de viaje!

Un libro para que os máis pequenos da casa entendan que é viaxar. Trata dun gato que se vai de viaxe, pero non resulta unha viaxe calquera, remata sendo unha gran aventura. Se realizades algunha viaxe cos peques este verán, aprenderán os diferentes medios de transporte,e que esta nova experiencia é moi gratificante porque sempre hai cousas que descubrir. Podedes comezar a ler o conto antes de partir e, durante o traxecto e polas noites, reléndoo e variando a historia, se cabe. Xa veredes o xogo que dá!

 Querémosvos recomendar outro conto para este verán como o de Opuestos divertidos de Lola Mechado.

Opuestos divertidos

É un libro de plástico, lixeiro e sinxelo de transportar cando ides de viaxe. Con el os peques poderán descubrir os opostos por medio da rima e do xogo.

As ilustracións de Mariela Glüzmann enchen de vida e de cor estas páxinas. Ideal para ler, xogar e se divertir ata na praia, no mar!

Na sesión do sábado os nosos pequenos usuarios tamén reforzaron os conceptos de ENRIBA e debaixo coa escenificación do conto A que sabe a Lúa de Michael Grejniec e da peza que todos lembramos e cantamos algunha vez: Debajo un botón. Pero que millor mostra do que fixemos e do ben que o pasamos que visitando a nosa galería de fotos. Moitísimas grazas a todos!

Desde a Biblioteca do Forum Metropolitano o noso máis sinceiro agradecemento a todos os bebés, mamis e papis que participaron nos Bebencontros e aos que ficaron nas portas, a todos os interesados en achegar o mundo dos contos aos máis pequenos, porque con todos vós disfrutamos! ata o curso que vén! Lembrade que a Bebeteca e a Sala infantil está a vosa enteira disposición!

Deixámosvos un agasallo… un vídeo-resumo coas fotos de todas as sesións para que o disfrutedes en familia!

Advertisements

Posted on Maio 13, 2013, in 13 a 36 meses, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. PRECIOSO!! Moitísimas grazas, Bebeteca, Bibliotecarias e Beba! Foi un enorme pracer compartir este ano con vos 🙂
    Rosalía, Maruxa e Antón.

    • Ola Rosalía, Maruxa e Antón!.

      As grazas volas damos nós por vos implicar TANTO neste programa para os máis cativos da casa.

      Foi un pracer contar con vós nas sesións e tamén fóra delas. Ver o sorriso de Rosalía e o seu desfrute cos contiños vale un mundo e nos satisface plenamente.

      Agardamos vervos pola Bibloteca, que sigades visitando a Beba e por suposto que os convidamos a que asistades aos contocontos para os rapaces de 2-6 anos (Os Nosos Contos, ás 18:00h, os xoves cada 15 días) xa que agora Rosalía é “maior” 😀

      Bicos e Apertas

  2. Hola,

    Un resumen estupendo de todo lo vivido durante el año en la bebeteca. Nosotras hemos tenido la suerte de haber asistido a 3 de las 6 sesiones y las hemos disfrutado mucho.

    Me ha dado pena no poder estar la sesión roja porque parece que tenía muchos de los elementos que le apasionan a Inés (panderetas, música, cucutrás…). Lo completas con un piano y unas luces y la felicidad completa para ella 🙂

    Os deseo para la próxima campaña un éxito como el de esta temporada… o más… que tenéis capacidad de superación (como habéis ido demostrado sesión a sesión).

    Un abrazo muy grande!

  3. Ola, Rocío!!

    Sempre con boas palabras cara nós. Debémosvos a vosa fiel asistenza, grata e pracenteira sempre! Agardemos que para outras ocasións poidades asistir á sesión SOMOS VERMELLOS ou a outras moitas, con música, pandeiretas e cucutrás…

    Persoas coma vós facédenos crecer, persoal e profesionalmente!

    Apertas!

  4. Muy chulas las fotos y el vídeo!! (que hemos visto por petición de Aurora Pequeña, como unas 6 o 7 veces seguidas 🙂 )
    Este programa es estupendo, asi como la labor que haceis. Da gusto encontrar gente que disfruta con su trabajo y lo transmite así de bien.
    La biblioteca se ha convertido para Aurora en un sitio “amigo”, ya no podemos pasar por delante sin querer entrar!! 🙂
    Muchas gracias por todo, por lo bien que lo pasamos en las sesiones de la bebeteca y por vuestra amabilidad habitual en la sala.
    Esperamos ser habituales y disfrutar de próximas actividades.

    Un beso !!

    • Ola, Aurora(s) e familia!!

      Encántanos o voso entusiasmo que propicia que Aurora Pequena disfrute tanto na e da Biblio coma vós!! Para nós é unha satisfacción enorme que a peque sinta a Bebeteca como un lugar “amigo”, que se sinta como na casa.

      Anímannos moito as loubanzas cara o programa e cara o traballo que facemos na Bebeteca cos máis cativos da casa.

      Todo é grazas a todos os que vos achegades á Bebeteca/Biblioteca, como é o voso caso, coñecedores da importancia que ten o marabilloso e máxico mundo dos contos, para que os vosos fillos medren coas palabras, sintan coa música e aprendan coas rimas.

      Moitas grazas unha vez máis por darnos a oportunidade de facer posible todo isto!

      Bicos e apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: