DÍA DO LIBRO: bebés na quedada lectora


A estas alturas ninguén se sorprende da paixón que desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos no libro, na lectura e, por suposto, nos bebés.

O vindeiro martes 23 de abril é o DÍA DO LIBRO e queremos celebralo, coma todos os anos, cunha serie de actividades nas que esperamos contar con todos vós e cos pequechos que vos acompañan normalmente ás nosas bibliotecas. Arrancamos o venres 19 e rematamos o venres 26.

A nosa compañeira Eva, momentos antes de "recetar" lecturas
A nosa compañeira Eva, momentos antes de “recetar” lecturas

.: Consultorio de lectura (de venres 19 a martes 23)

Estaremos, mañá e tarde, nos Xardíns Méndez Núñez recomendando lecturas. Consultamos co “paciente” as súas doenzas ou síntomas para extenderlle recetas lectoras que as palíen. Haberá persoal especialista nas idades temperás, así que non o dubidedes e ide consultar que vitaminas son as máis recomendadas para que os vosos bebés crezan fortes.

.: Visitas guiadas na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Na nosa rede de bibliotecas temos unha especializada en materiais infantís. Nestas visitas mostraremos verdadeiros tesouros literarios facendo un repaso polo presente e pasado da literatura infantil e xuvenil que, seguro, vos resultará útil de cara a coñecer os títulos imprescindibles para, un día, recomendar aos vosos retoños.

.: Quedada lectora no Obelisco

Isto xa o fixemos outros anos e o resultado foi sorprendente: multitude de persoas lendo simultaneamente en voz alta a favor da lectura durante uns minutos. Este ano gustaríanos contar tamén coa vosa presenza para resaltar a importancia da lectura nas primeiras idades; que multitude de pais e nais lean en voz alta aos seus bebés e que outros tantos bebés escoiten a lectura que todos realizamos. Unha lectura en dous sentidos: o que le, e o que a escoita.

Xa vedes, facemos todo isto e moito máis para celebrar a lectura e o DÍA DO LIBRO. Porque, coma quen di, o 23 de abril é a festa patronal das bibliotecas. 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: