A arte como xogo


Nunca é demasiado cedo para estimular aos máis pequenos no mundo da arte!

Os bebés entre os 0 e 3 anos son capaces de sentila. Pode que non realicen as mellores críticas da mesma, ou que non se levanten aplaudindo e dicindo “bravo”. Sen embargo, todos os bebés poden desfrutar coa arte xogando.

Obradoiros de música, espectáculos de danza e teatro, actividades creativas nun museo, sesións de cine en familia… é curioso observar como o bebé goza ao seu modo. Ríe, canta, baila, e intenta achegarse ata o escenario en busca dunha participación máis directa; algunhas veces chora e outras simplemente queda coa boca aberta.

O vocabulario, a xestualidade, a escenografía e a cercanía entre o público e o escenario, son os elementos clave para estimular e divertir aos máis pequenos, que apenas saben falar pero que poden sentir, soñar e emocionarse ao mesmo tempo que xogan coa arte!

No Manchester Museum (UK) levan a cabo o programa Baby Explorers, sesións interactivas baseadas no xogo sensorial para bebés que aínda non camiñan.

Achegámosvos un video para que poidades desfrutar desta magnífica proposta:

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Abril 11, 2013, in 0 a 12 meses, 13 a 36 meses, Actividades, SOS Pais and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Hola,
    Me parece una propuesta interesantísma y muy divertida, tanto para los niños como para los padres.
    ¿Existe algo parecido en A Coruña para bebés? Se que para niños un poquito más grandes hay bastantes talleres (Barrié, Macuf, Bellas Artes) pero parece que los más chiquitines están un poco olvidados en estas actividades.
    Un saludo,
    Carolina

  2. Ola Carolina,
    moitas grazas polo teu comentario!
    Se comparamos a oferta cultural para os/as bebés en relación a outros tramos de idade, pode que sexa algo máis reducida. Pero aínda así, na cidade, estanse a desenvolver actividades moi interesantes destinadas aos máis peques.
    Por exemplo, no Centro Ágora e Fórum Metropolitano prográmanse espectáculos teatrais para bebés; a Fundación Barrié de la Maza acaba de rematar o ciclo “Despertamos as Artes 2013”; Artestudio Xestión Cultural organiza obradoiros de Iniciación á Danza…
    Todo isto e futuras programacións, obradoiros e actividades pódelas consultar na web do concello http://www.coruna.es/cultura e no noso blog!

    Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: