Día do Pai


Cada 19 de marzo o almanaque  sinala como destacado o Día do Pai. É unha xornada festiva e de celebración que fai que nos lembremos de quen nos trouxo ó mundo dunha forma especial cada 365 días. Aí están as manualidades que se fan na escola e os agasallos que mercamos un 19 de marzo detrás do outro.

Os nenos asómanse ás vidas dos pais cun eterno por qué saíndo das súas gorxas. Queren saber de todo, teñen necesidade de coñecer, de aprender, de entender. E para iso buscan nos pais a enciclopedia de peto que moitas veces non atopa respostas a tanto interrogante e que tantas outras desexa que pase o tempo nun segundo para que os pequerrechos medren e sexan eles mesmos quen poidan argallar as súas propias respostas.

Pero tranquilidade. Nesta ocasión os pais non tedes que pasar exame. Ó contrario, agora son eles, os lectores máis pequenos da Biblioteca do Fórum Metropolitano da Coruña, os que vos responden a vós. E fano en forma de mensaxes agarimosas saídas da inocencia infantil que cobran forza nun día tan especial coma o do pai.

E para os que sexades pais de criaturas que aínda non chegan á idade de iniciarse na fala, paciencia. Dentro duns aniños tamén teredes a vosa dedicatoria.

Advertisements

Posted on Marzo 20, 2013, in Actividades and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: