Resumo de “Contos de animais” na biblioteca de Monte Alto.


Hai uns días tivemos o pracer de gozar da compañía e dos contos de Títeres Cachirulo. Dende a selva profunda, perdida e descoñecida, pero tamén da granxa que nos trae ovos e queixo, viñeron un montón de animais a falarnos das súas vidas. A nosa amiga Carmen, utilizando todo tipo de materiais (debuxos enormes enrolados como alfombras, abanos xigantes con fermosas ilustracións, paraugas máxicos onde íanse pousando un personaxe tras outro, monicreques e moito máis) transportáronnos voando a un fermoso mundo de fantasía.

Os nenos e tamén os pais e as bibliotecarias pasámolo en grande con Elmer, os seus curmáns os elefantes brancos e negros, Xulieta e os seus irmáns e moitos máis, quen nos ensinaron o valor da amizade, da cooperación e de entender que todos somos diferentes pero iguais. Moitas grazas a Carmen pola súa visita e por todas as fermosas historias que nos agasallou!

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Novembro 29, 2012, in Actividades and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: