“Descubrindo Xuntos” – Somos Vermellos sesión 1-2 anos


 

Presentamos esta sesión coa cor vermella. Cor ligada á vitalidade, ao amor e á paixón, que aporta optimismo, coraxe e confianza nun mesmo.

Desta vez seguimos a traballar os conceptos espaciais, concretamente Dentro/Fóra, para que os bebés empecen a explorar e identificar o medio que os rodea. Estas nocións trabállanse por pares de contrarios para un millor afianzamento dos conceptos.

Os recursos non materiais empregados foron: unha canción motriz elaborada ao efecto para que identifiquen o entorno coñecido (casa, xoguetes, contos, etc.). Un conto protagonizado polo Señor Coc e os seus amiguiños para reforza os conceptos de Dentro/Fóra usando imaxes significativas e sinxelas de recoñecer. E por ultimo os xogos e a psicomotricidad, materializados con aros, teas, pelotas e cilindros para meter (Dentro) e sacar (Fóra) obxectos.

Desde a Sala Infantil do Forum Metropolitano queremos agradecer a asistencia de: Aitana, Alma, Clara, Inés e Raquel!! grazas por vir e facernos disfrutar da vosa compaña e vervos tan sorrintes!!

Pódense ver as fotos da sesión no seguinte link

Advertisements

Posted on Marzo 20, 2012, in 13 a 36 meses, Actividades and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Sois geniales. Nosotras no pudimos ir porque ….¡ya no quedaban plazas libres! A ver si para la próxima tenemos mas suerte.

  2. Vós si que sodes xeniais!! con xentiña coma vós da gusto traballar!!! Pois agardemos que teñades máis sorte para a próxima e collades praza… xa sabemos que son poucas, pero o espazo de Bebeteca é pequeno. A seguinte sesión será o 28 de abril, polo que repartiremos as invitacións o sábado anterior, día 21, a partir das 10 da mañá na Sala Infantil da Biblio do Fórum!! Non faltedes!!

    Apertas!!

  3. Gracias a vosotras!!! Es una pena que no sea tan frecuente como las sesiones de cuentacuentos… así que intentaremos no perdernos ninguna sesión 🙂

    Inés disfruta mucho de los juegos (especialmente del “cucú-tras”) y poco a poco le va interesando más el audiovisual.

  4. Xiana de la Peña

    Moitas grazas Ana e Rozío! e a todos os papis, mamis e peques!!

    Rozío, sí, son poucas sesións de Bebeteca de 1-2 anos pero, como xa sabes, as compaxinamos con Merendas con Contos e coas sesións de 0-1 de Bebeteca. Pola semán é compricado polo resto de actividades que desenvolvemos e porque habería que pechar a Biblioteca reducindo así o servizo de atención aos usuarios… A ver se conseguimos alcanzar unha solución óptima para tod@s!!

    Encántanos que Inés disfrute tanto, que tod@s disfrutemos tanto!! O “cucú-tras” é moi divertido e exemplifica moi ben e en moitas ocasións a temática das sesións. O audiovisual o metemos porque opinamos que resulta impactante para os bebés e capta favorablemente a súa atención (que é difícil nestas idades).

    Agardámosvos para a vindeira sesión de Bebeteca de 1-2 anos o 28 de abril ás 18.30h., lembrade que podedes recoller as invitacións a partir do sábado 21 de abril ás 10h. na Sala Infantil do Forum Metropolitano.

  5. Hola. Me encanta el trabajo que hacéis con los peques. Aitana disfruta mucho y yo no sé si igual o más que ella. Espero poder ir a por la invitación el próximo sábado. Por cierto, que he estado leyendo los comentarios y parece que tenéis más actividades para los niños; ya me informaré porque de verdad que lo hacéis muy bien. Saludos.

    • Xiana de la Peña

      Ola! alegrámonos moito de que disfrutedes tanto, nós tamén! Estamos moi agradecidas da vosa implicación. Agardamos que podades vir nas seguintes sesións, xa só quedan dúas!

      Temos máis actividades de promoción da lectura: “Os Nosos Contos” para nenos entre 2 a 6 anos, xeralmente xoves cada 15 días, pero a seguinte sesión será mañá martes 17 de abril ás 18.30h., entrada libre. Logo para nenos un pouco máis maiores, de entre 3 e 7 anos temos “Merendas con Contos”, sábados cada 15 días ás 18.30h. (con invitación previa, seguindo o mesmo procedemento de reparto que en Bebeteca).

      Toda a información sobre estas actividades tédela na Biblioteca a vosa enteira disposición!

      Saúdos e vémonos dentro de pouquiño! Lembrade que este sábado a partir das 10 da mañá hai reparto de invitacións de Bebeteca de 1-2 anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: